Creación dun cartafol
Este artigo describe como se crean cartafoles novos a través do webmail de TICaaS.
Unha vez identificados no webmail, facemos clic en Configuración, situado no icono da roda dentada no menú da esquerda.

Posteriormente, facemos clic en Cartafoles e, no menú que aparece arriba á dereita, facemos clic en Crear.

No menú que se abre, escribimos o nome do cartafol, escollemos, opcionalmente, o seu cartafol raíz e lle damos a Gardar.
