Creando unha nova sinatura
Inicio
-
O primeiro que debemos facer é identificarnos co noso usuario e contrasinal no webmail
-
Unha vez accedido, prememos Configuración no menú da esquerda, no icono da roda dentada:

-
Facemos clic en Identidades:

Agora facemos clic na identidade que temos creada por defecto, ou creamos unha nova dándolle a crear no menú superior de arriba á dereita:

Tras facer clic na túa identidade, ábrese un menú no que atopamos o apartado Sinatura.
Aí podemos crear unha sinatura html ou, pola contra, habilitar o editor de sinaturas, que nos axudará a configurar unha sinatura de forma sinxela.
