Engadir resposta automática para o correo
1 - O primeiro que debemos facer é identificarnos co noso usuario e contrasinal no webmail. Unha vez accedido, prememos Configuración no menú da esquerda (Icono da roda dentada):

2 - Entraremos entón na páxina de configuración, que consta de varias pestanas; seleccionamos a que pon Filtros:

3 - No menú de arriba á dereita, facemos clic en crear.

4 - Enchémolo cos seguintes datos:
| Opción | Descrición |
|---|---|
| Nome do filtro | Calquera nome que queiramos poñerlle ao filtro |
| Filtro activado | Se queremos que o filtro estea activo ou non |
| Ámbito | Permítenos escoller a que se aplica o filtro |
| Regras | A restrición que fará que o filtro se execute |
| Accións | O que faremos despois de que a regra coincida |
5 - Unha vez que rematemos de configurar a nosa resposta automática, facemos clic en Gardar e xa teremos finalizado.
Estes filtros execútanse no servidor, automaticamente, cada vez que se recibe unha mensaxe, polo que resultan moi útiles para automatizar tarefas e clasificar o correo automaticamente.