Configurando un filtro sieve
1 - O primeiro que debemos facer é identificarnos co noso usuario e contrasinal no webmail. Unha vez dentro, facemos clic no icono da roda dentada.

2 - Despois, facemos clic en Correo e apareceranos un menú á dereita.

3 - Agora faremos clic en Filtros e, á dereita, en Crear filtro.

4 - Apareceranos un menú como o seguinte:

- No recadro azul escribimos o nome que queiramos darlle ao filtro.
- Prememos no + de Engadir unha condición. Aquí crearemos a regra que queiramos, como pode ser Asunto contén SPAM.

Esta regra actuará sobre todos os correos que conteñan no asunto a palabra SPAM. Agora deberemos establecer unha acción sobre esa condición. Para iso, faremos clic no + de Engadir unha acción e estableceremos a acción a adoptar.

Neste exemplo, o que faremos é que se nos chega unha mensaxe na que o asunto contén a palabra SPAM, ese mail aparecerá directamente no cartafol Spam.