Interface
A interface web de Nextcloud
Podes conectarte ao teu servidor de Nextcloud usando calquera navegador web. Simplemente introduce a URL do servidor na barra de navegación e introduce o teu usuario e contrasinal.

Navegando pola interface web
Por defecto, a interface web abre a páxina de Ficheiros.

A interface de usuario de Nextcloud contén os seguintes campos e funcións:
- Menú de selección de aplicacións (1): Na esquina superior esquerda, atoparás todas as aplicacións que están dispoñibles na túa instancia de Nextcloud. Ao facer clic no icono dunha aplicación redirixirache á mesma.
- Campo de información de aplicacións (2): Situado na barra lateral esquerda, proporciona filtros e tarefas asociadas á túa aplicación seleccionada. Por exemplo, cando utilizas as aplicacións de Ficheiros tes un conxunto especial de filtros para atopar rapidamente os teus ficheiros, como os ficheiros que se compartieron contigo e os que compartiche con outros. Verás diferentes elementos para outras aplicacións.
- Vista da aplicación (3): O campo central principal na interface de usuario de Nextcloud. Este campo mostra o contido ou as características de usuario da túa aplicación seleccionada.
- Barra de navegación (4): Situada sobre a xanela de visualización principal (a Vista da aplicación), esta barra proporciona un tipo de navegación que che permite migrar a niveis superiores da xerarquía de cartafoles ata o nivel raíz (inicio).
- Botón "Novo" (5): Situado na barra de navegación, o botón Novo permíteche crear novos ficheiros, novos cartafoles ou subir ficheiros.
- Campo de busca (6): Fai clic na lupa na esquina superior dereita para buscar ficheiros.
- Menú Contactos (7): Dáche unha visión xeral dos teus contactos e usuarios no teu servidor. Dependendo dos detalles dados e das aplicacións dispoñibles, podes iniciar directamente unha videochamada con eles ou enviar correos electrónicos.
- Botón Galería (8): Ten a aparencia de catro pequenos cadrados e lévache directamente á túa galería de imaxes.
- Menú de axustes (9): Fai clic na foto do teu perfil, situada á dereita do campo de busca, para abrir o menú despregable de Configuración. A túa páxina de configuración ofrece os seguintes axustes e funcións:
- Ligazóns para descargar aplicacións de escritorio e para móbil
- Uso do servidor e dispoñibilidade de espazo
- Administración de contrasinais
- Configuración do nome, o correo electrónico e a foto do perfil
- Administrar os navegadores e dispositivos conectados
- Membresías de grupo
- Configuración do idioma da interface
- Xestionar as notificacións
- ID da nube federada e botóns para compartir en redes sociais
- Xestor de certificados SSL/TLS para almacenamentos externos
- Os teus axustes de dous factores
- Información da versión de Nextcloud